English Català Français Galego Русский

Tux Paint 0.9.24

Actualización menor do programa de debuxo de código aberto para cativos

Tux Paint 0.9.24 screenshot

(Olympia, WA, USA — 31 de maio de 2020) O equipo de desenvolvemento do Tux Paint compracese en anunciar a dispoñibilidade da versión 0.9.24 do Tux Paint, a última publicación do seu galardonado progama de debuxo, libre e de código aberto para cativos.

Tux Paint, está dispoñíbel para Windows, macOS, e Linux, e está traducido a perto de 130 idiomas, sendo un sendo un elemento fundamental nas escolas e fogares de todo o mundo durante os últimos 18 anos.

A última versión promoveu a ferramenta «Recheo», que antes se atopaba na sección «Maxia» do Tux Paint, á barra de ferramentas principal, onde é máis sinxelo atopala. Tamén inclúe algunhas melloras de rendemento durante o inicio e cando abre o diálogo de debuxo «Novo». As cores de fondo sólidas tamén se poden colocar ao final dese diálogo, permitindo a énfase das imaxes de modelo.

Agora no Tux Paint tamén é posíbel desactivar o son estéreo, o que pode axudar a usuarios con problemas auditivos ou en situacións nas que só haxa dispoñíbel un altofalante.

A nova versión do Tux Paint está dispoñíbel para a súa descarga, de balde, na páxina web do proxecto en www.tuxpaint.org.

A versión 0.9.24 está dispoñíbel actualmente para Apple macOS, Android, Microsoft Windows, RedHat Linux, e como código fonte.

Para unha lista completa de cambios, consulte Tux Paint change log, Tux Paint Config. change log, e Tux Paint Stamps change log.

Para obter máis información, visite www.tuxpaint.org. Se quere colaborar co proxecto Tux Paint, bótelle un ollo a www.tuxpaint.org/help. Tamén pode seguir @TuxPaintTweets no Twitter e unirse á páxina do Tux Paint no Facebook.

###


Contactos de prensa

Norte América Europa

Marcas rexistradas: Linux é unha marca rexistrada de Linus Torvalds. Apple e macOS son marcas rexistradas de Apple Inc. Microsoft e Windows son marcas rexistradas de Microsoft Corp.

Nota de prensa por: Bill Kendrick
Traducida por: Miguel A. Bouzada


O URL desta nota de prensa é: http://www.tuxpaint.org/latest/tuxpaint-0.9.24-press-release-gl.php